
O logo conmemorativo do décimo aniversario da mostra de curtas trata de reinterpreta-lo logotipo oficial da mostra, que a representa dende a pasada edición, adaptando a súa linguaxe visual ao novo contido: a primeira década de vida da mostra de curtametraxes. Para iso mantívose como elemento distintivo o texto e a súa tipografía, e sustituíuse a pantalla de cinema iluminada con luz branca por dez pequenas formas dispostas dun xeito que poderían ser interpretadas como pasos, como un camiño, o traxecto de dez anos que leva transcurrida a mostra, ademais de seren pequenas pantallas de cinema que se refiren a cada unha das dez edicións. Finalmente, e cunha nova tipografía, o texto “10 anos” encaixado no logo e en combinación cromática coas dez pequenas pantallas. As cores: o verde e o rosa. O primeiro, como sinónimo de bo progreso, de que todo leva transcurrindo ben, de que a mostra pode continuar así moitos anos. O rosa, como recordo ao maxenta como cor primaria, dado que esta edición suporá un pequeno punto de inflexión na Mostra, un comezar para mellor de novo, ademáis de transmitir felicidade e optimismo cara ao que o logo quere evocar.
16 comentarios:
isto é o que precisaba a mostra de cortos, unha boa publicidade
Encántame o deseño da páxina! moi orixinal e cunha boa imaxe corporativa, moi identificable! Nótase cando as cousas están traballadas, e creo que a mostra comenza a estar ben encauzada. Parabéns á organización!
hasta cando é o do concurso de carteles?
O prazo para presentar os carteis remata o día 10 de outubro!
Moi ben organizadores!
Xa puxéchedes a maquinaria a andar, tendes unha boa imaxe. Ánimo e seguide así.
Esperemos que os noieses respondan e participen nos 10 días de cine en Noia.
Parabéns polo traballo feito ate o de agora.
Noia mola!
Persoalmente pregúntome por que hai enlaces ao blog de xente particular, como é o caso do señor alcalde e outras persoas, nesta páxina sobre a Mostra de Curtas. Non ten ningún sentido, e o único que logra é perxudica-la imaxe da organización e a actual corporación municipal.
Debería haber algúns criterios á hora de elaborar unha vitácora de cara ao público coma esta.
Bitácora se escribe con B, al igual que Burro, que también se escribe con B
Certo é que Bitácora é con B, moitas grazas por correxirmo. Eu acepto as críticas, neste caso correcións.
A parte diso, penso que nunca faltei ó respeito a ninguén. Con estes comentarios insultantes só estás conseguido deixar peor aos administradores desta páxina, que permiten este tipo de insolencias.
Por sorte eu teño a conciencia tranquila, os demais visitantes deste sitio web poderán sacar as súas propias conclusións.
está muy bien, Turok, te lo curraste! os meus parabéns para ti y para tu equipo!
que ganas de que empece a mostra xa
me gusta mucho la imagen de vuestro festival, de la mostra. nos vemos viernes. un saludo. ana s.
hola
Sinxelamente é unha mágoa que ano tras ano vexamos cada vez menos curtas en galego ou dobradas a outros idiomas que non sexan o galego.
Moi animado este blog. E moi actualizado, sobre todo...
Publicar un comentario